Sigelpa

A saia da Carolina


Imprimir canciónEnviar corrección de la canciónEnviar canción nuevafacebooktwitterwhatsapp


A saia da Carolina ten un lagarto pintado;
cando a Carolina baila o lagarto dálle ó rabo

-Bailaches Carolina?
-Bailei, si señor
-Dime con quen bailaches
-Bailei co meu amor
-Bailaches Carolina?
-Bailei, si señor

A Carolina é unha tola que todo o fai ó revés,
vístese pola cabeza e díspese polos pés

-Bailaches Carolina?
-Bailei no cuartel
-Dime con quen bailaches
-Bailei co coronel
-Bailaches Carolina?
-Bailei, no cuartel

O señor cura non baila porque ten unha coroa
Baile, señor cura, baile, que Deus todo llo perdoa

-Bailaches Carolina?
-Bailei, abofé
-Dime con quen bailaches
-Bailei co meu Xosé
-Bailaches Carolina?
-Bailei, abofé

No curro da Carolina non entra carro pechado,
namais entra a Carolina co seu cocho polo rabo

-Bailaches Carolina?
-Bailei, si señor
-Dime con quen bailaches
-Bailei co meu amor
-Co teu amor, Carolina non volvas a bailar,